17 mar 2011

Movēre

O 25 de xaneiro diste mesmo ano, o Presidente dos USA realizou a súa intervención ante a cámara dos representantes. Nesta comparecencia fixo balance sobre o estado da nación e explicou cales eran, segundo o seu punto de vista, os principais problemas que había que solventar.

Neste discurso, Obama, como gran orador que é, respetou as regras da retórica grega e latina. Un dos aspectos nos que incidía esta retórica era na conveniencia de que o orador conmovera emocionalmente ao oínte (movēre), xa que isto favorecería a súa dura tarefa de convencelo. Ao longo desta intervención podemos atopar varios exemplos disto:

O primeiro deles dase no exordium, e atópase no segundo parágrafo: “E nesta solemne ocasión, tamén temos presente o escano baleiro nesta Cámara e rezamos pola saúde da nosa colega e amiga Gabby Giffords”. Como podemos observar, nesta cita Obama está aludindo claramente ao intento de asasinato sufrido pola senadora demócrata Gabby Giffords dous días antes, sabedor de que iso lle fará gañarse a gratitude do seu público.

Os outros catro exemplos que temos disto, atópanse na argumentatio, e fan referencia a distintos factores, como veremos a continuación:

O primeiro deles é unha cita de Obama á escola estadounidense de Denver Bruce Randolph, que pasou en tres anos de ser unha das peores do Estado, a ter un porcentaxe de éxito do 97%: “ (…) Fai tres anos, era considerada unha das peores escolas en Colorado; estaba situada entre os territorios de dúas cuadrillas rivais. Pero en maio, 97% dos estudantes de último ano recibiron o seu diploma. (…) Grazas, señora Waters, por demostrar que somos intelixentes e podemos logralo.” Con esta declaración, Obama está facendo referencia á superación no sistema educativo de USA, que é considerado por eles mesmos como o mellor do mundo, agradando así ao público.

O segundo deles é unha alusión de Obama ao texano Howard, enfermo de cancro de cerebro, e a Jim Houser, empresario de Oregón: “ (…) Non estou disposto a dicirlle a James Howard, paciente de Texas con cancro ao cerebro, que é posible que non se cubra o seu tratamento. Non estou disposto dicirlle a Jim Houser, dono dunha pequena empresa en Oregon, que ten que volver pagar $5,000 máis para ofrecerlles cobertura aos seus empregados. (…)” Aquí o presidente está referíndose a algo tan serio como unha enfermidade para conmover a súa audiencia e ver así facilitada a súa labor.

No terceiro deles, Obama refírese á loita do exército estadounidense a favor da liberdade de persoas, razas, etc: “ (…) Entón, debemos vencer a inimigos decididos ondequera que estean e forxar coalicións que crucen límites de rexión, raza e relixión. O exemplo moral de Estados Unidos debe brillar sempre para todos aqueles que anhelan a liberdade, xustiza e dignidade”. Ao facer mención a esta liberdade de razas, de persoas, etc, Obama alude ao lema estadounidense “ E pluribus unum” ( “De moitos un”), facendo referencia á gran heteroxeinidade de razas, nacionalidades, etc dos USA, algo do que se senten especialmente orgullosos.

No último exemplo de movēre, o presidente dos USA fai referencia á empresa de Brandon Fischer, un pequeno negocio que elaborou un plan alternativo de rescate para os mineiros chilenos, que foi o que finalmente se efectuou: “ (…) Probamos que Center Rock é unha empresa pequena pero facemos grandes cousas”.. Aquí, Obama está mostrando as cousas de vital importancia que pode chegar a facer calquera organismo estadounidense, algo que sabe que agrada ao auditorio.

No hay comentarios: