(Imaxe de Gobierno Federal en Flickr) |
Barack Obama é o 44º presidente na historia dos Estados Unidos de América. Como bo representante da hoxe por hoxe primeira potencia mundial, debe manexar a retórica con soltura e empregar debidamente todos os recursos dos que dispón para chegar así a elaborar bos discursos que encandilen aos seus oíntes e sexan quen de mover as opinións máis aferradas ás súas conviccións.
É moi importante para chegar a convencer, obter a simpatía do ou dos oíntes, que deberán ter unha imaxe conciliadora do orador.
Obama intentou conseguilo nos primeiros parágrafos do seu discurso anual sobre o estado da Unión, que pronunciou ante o Congreso dos Estados Unidos.
Comeza o seu discurso dirixíndose aos oíntes como distinguidos invitados, proxectando unha imaxe de anfitrión cordial e transixente que vai lograr a comodidade dos seus "invitados". Ten tamén un sentido de importancia de cara aos oíntes, aos que amosa con este calificativo respecto pola súa posición decisiva nos Estados Unidos.
Continúa felicitándoos pola súa elección para estar representando aos cidadáns dunha das nacións máis importantes do mundo, polo que deben estar á altura e colaborar para sacar adiante aos Estados Unidos nunha época de dificultades.
Intenta tocar a fibra sensible dos congresistas atendendo á congresista que foi agredida e recibiu tres impactos de bala. Esta mención a unha congresista busca que os oíntes se sintan identificados e albisquen o aprecio que o presidente mostra polos membros do congreso.
Por último emprega primeiras persoas do plural e adxectivos posesivos tamén nesta persoa, (nosos...), que aportarán unha sensación de unidade e cooperación entre os órganos, (Presidencia e Congreso), para chegar ao fin que antes mencionamos, o de saír adiante con ímpetu ante as dificultades que se presentan no futuro inmediato dos Estados Unidos de América.
No hay comentarios:
Publicar un comentario