Anos despois da desaparición de Eneas, o trono de Alba Longa estaba ocupado por Numitor.
Certo día Amulio derrocou ó seu irmán Numitor canso do seu poder e fíxose proclamar rei. Temendo que os fillos do seu irmán quixeran vengalo decidiu matalos a todos menos á única filla muller, Rhea Silvia. A ela obligouna a permanecer no templo das vestais, dedicado a deusa Vesta, para que se consagrara a sacerdotisa.
Como as sacerdotisas tiñan que permanecer castas e puras, Amulio podía estar tranquilo, ningún posible herdeiro tentaría derrocalo.
Pero os seus plans truncáronse desde o momento en que o deus Marte se fixou en Silvia, cando esta estaba descansando á beira do rio. Debido a beleza e dulzura de Rhea, Marte namorouse dela e deixouna encinta. Así foi como se concebiron os futuros fundadores de Roma, os xemelgos; Rómulo e Remo.
Cando Amulio se enterou do sucedido madou enterrar a Rhea Silvia e tirar ao río, dentro dunha cesta, ós seus fillos. Pero os nenos son rescatados e criados por una loba ata que xa se poden valer por eles mesmos.
" Neste cadro represéntase a violación de Rhea Silvia por Marte, na cal se conciben os futuros fundadores de Roma; Rómulo e Remo. Podemos deducir que se trata do Deus Marte, deus da guerra, debido a que leva unha serie de armas e escudos. Tamén podemos destacar o lume que aparece á dereita do cuadro. Este lume era o que tiñan que manter encendido as mulleres consagradas á sacerdotisas que rendian culto á Deusa Vesta"
Información destacable sobre o cuadro tratado; Rhea Silvia e Marte por Peter Pauls Rubens.
Data do 1617. Barroco. Museo Lietchestein de Viena.
No hay comentarios:
Publicar un comentario