14 feb 2011
O rapto das Sabinas
Nestas imaxes de cadros, podemos observar a representación dunha lenda moi famosa e relevante para a mitoloxía romana, o rapto das sabinas.
Esta lenda conta cómo Rómulo fundou Roma e a poboou cos seus homes. Rómulo deuse conta de que tiñan un gran problema, unha cidade sen mulleres estaba destinada ao fracaso, por isto, este rei de Roma invitou aos pobos máis cercanos para que levaran alí as súas mulleres. A fama dos habitantes de Roma era mala, polo que ningún pai accedeu a levar alí ás súas fillas. Así que Rómulo organizou uns xogos deportivos en honor a Neptuno, un dos seus deuses, e invitou aos pobos dos alrededores. Asistiron sobre todo as familias sabinas, xa que naquel entonces, eran os veciños máis numerosos e poderososos da rexión. Os homes de Rómulo aproveitaron a distracción dos sabinos e foron raptando ás xoves. Os romanos tratáronas moi ben, o que fixo que pronto formáranse familias. Mentras tanto, o pobo sabino estaba indignado, pero non o suficiente como para derramar a súa sangue por unhas cantas mulleres. Pasou o tempo e as sabinas xa tiñan fillos cos romanos.
Tito Tacio, rei dos sabinos, pensou que Roma estaba a crecer considerablemente e se non facían algo pronto perderían a súa independencia como pobo, así que decidíronse a atacar.
No medio da batalla, as sabinas colleron aos seus fillos e se interpuxéronse entre sabinos e romanos intentando deter a batalla. Se a guerra non paraba, elas serían as perxudicadas, pois nun bando estaban os seus pais e irmáns, e noutro os seus esposos. Finalmente acabou a batalla e Rómulo e Tito Tacio firmaron un acordo para gobernar conxuntamente, o que beneficiaría a ambos pobos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario