Tulio Hostilio foi o terceiro rei de Roma. Era sabino e un home xa non moi novo cando accedeu ao poder.
Sucedeu a Numa Pompilio tralo interregno dun ano, como era habitual. A Tulio Hostilio sucedeuno Anco Marcio, que era neto de Numa Pompilio.
Tralo interregno o pobo elixiu a Tulio Hostilio como rei de Roma. O avó de Tulo Hostilio fora un compañeiro de Rómulo, un doa destacados na loita contra os sabinos. O rei Tulo Hostilio é un personaxe escuro na historia. Coñécese que foi moi guerreiro. Extendeu a cudade de Roma ata o cuarto monte, o monte Celio. A Curia Hostilia debe o seu nome a el, xa que se lle atribúe a promoción de dita construcción.
Con Tulo Hostilio remata o chamado período xuvenilista da historia romana que estivera polo predominio da cofradía dos xoves lupercos, é dicir, a cofradía lupercal.
2. DESTRUCCIÓN DE ALBA LONGA, 3. HORACIOS E CURIACEOS:
Alba Longa era según a lenda, a antiga cidade fundada por Ascanio, fillo de Eneas. Desta cidade procedían os antepasados de Rómulo e a súa propia nai, Rea Silva. Estaba situada no antigo Lacio aos pés do monte Albo e xunto ao río Álbula (o actual Tíber).
Como xa se dixo o rei Tulo Hostilio era moi guerreiro. Buscou a guerra contra a cidade de Alba Longa sen que houbese ningún motivo serio para facelo. A guerra non se declarou en forma de loita entre un exército e outro porque ambos consideraban pouco ética a disputa entre dúas cidades unidas por tantas cousas., senón que foi proposto un duelo que tivo duas fases. No chan interviñeron 3 irmáns romanos, os Horacios (Horatii), contra 3 irmáns albanos, os Curiaceos (Curiatii). No primeiro enfrontamento morreron 2 Horacios pero os 3 Curiaceos resultaron gravemente feridos. A segunda fase consistíu na loita dos que lograron sobrevivir. O acordo foi que cada un dos Curiaceos tiña que perseguir ao Horacio que sobrevivú e que conseguira saír ileso. De esta maneira foron caendo e morrendo polo esgotamento das súas forzas. Finalmente gañaron os Horacios (romanos) e como consecuencia os albanos sometéronse a Roma.
Logo destes feitos, dúas cidades etruscas, Fidenas e Veyos, levantáronse en armas contra Roma. Tulo Hostilio chamou aos albanos como apoio e axuda militar no seu enfrontamento contra as cidades que se rebelaran. O xefe dos albanos, Matio Fufecio, presentouse no campo de batalla pero mantivo ao seu exército atento e sen tomar cartas no asunto, esperando a evolución da batalla. Gañaron os romanos, polo que Tulo Hostilio acusou ao xefe de albano de traición e mandou que o descuartizasen. Seguidamente mandou que o exército romano arremetese contra a cidade de Alba e destruíla. Pero antes deste feito, Roma acolleu a todos os seus habitantes, deulles o dereito de cidadanía romana e nomeou senadores ás persoas máis ilustres.
Según a lenda o os actos de guerra de Tulo Hostilio acabaron coa paciencia do deus Xúpiter, quen o matou cun raio. O historiador Tito Livio conta que o mataron os nobres que non estaban moi contentos co seu mandato. O seu reinado durou uns 32 anos. E no seu recordo chamóuselle Curia Hostilia á sede do Senado Romano.
" Na imaxe da marxe superior dereita aparece un cadro titulado La Vitoire de Tullus Hostilius sur les forces de Veies et de Fidena, que en galego significa A Victoria de Tulo Hostilio sobre as forzas de Veyos e de Fidenas. Neste cadro móstrase o momento no que os romanos derrotan ás dúas cidades etruscas, Veyos e Fidenas, que lle declararan a guerra a Tulo Hostilio, quen chamara aos albanos para que o axudasen. Logo da guerra Tulo Hostilio acusaríaos de traidores mandando descuartizar ao seu líder."
Imaxe: Europeana
Identificación: La Victoire de Tullus Hostilius sur les forces de Veies et de Fidena.
Autor/es: Cesari Giuseppe e o xinete de Arpin.
Museo: Musée des beaux-arts. (France).
No hay comentarios:
Publicar un comentario