13 feb 2011

Alba Longa. Numitor e Amulio.

Alba Longa era unha cidade da rexión do Lazio, na actual Italia. Recibiu este nome polo seu asentamento ó longo dun outeiro do monte Albano. Foi fundada por Ascanio, fillo de Eneas, ó comezo do siglo XI a.C. Despois de Ascanio dirixiron a cidade de Alba Longa unha serie de reis sen moita importancia, ata chegar a Proca, pai de Numitor e Amulio.


Ó morrer o rei Proca o reino correspondíalle por dereito a Numitor, xa que era o fillo maior, pero o seu irmán Amulio, ambicioso polo trono, desterrouno da cidade e matou ós seus fillos varóns deixando viva exclusivamente á única filla que tiña Numitor, Rea Silvia. Perdooulle a vida obrigándoa a ser sacerdotisa vestal, onde a característica principal era o voto de castidade durante 30 anos de maneira que non podería concibir fillos que puideran destronar a Amulio algún día. Sen embargo, Rea Silvia foi violada por Marte, deus da guerra, e tivo dous fillos xemelgos, Rómulo e Remo.


Amulio ó enterarse disto mandou encarcelar a Rea Silvia e ordeoulle ó seu servo que matase ós nenos pero este deixounos dentro dunha cesta no río Tíber. O río desbordouse e esto fixo que a corrente conducise ós nenos hacia a orilla do Tíber, onde foron recollidos pola loba Luperca que os amantoudurante días na súa cova. Despois foron encontrados por un matrimonio de pastores, Faústulo e Aca Larentia, que os coidaron ata que foron maiores. Cando Rómulo e Remo creceron e se enteraron da súa orixe mataron ó seu tío avó Amulio restablecendo así ó seu avó Numitor no trono.


Máis tarde os xemelgos fundaron a cidade de Roma, pero unha discusión sobre quen debería gobernar a cidade provocou que Rómulo matase a Remo.


"Nesta estatua de Jacopo della Quercia aparece Rea Silvia cos seus dous fillos: Rómulo e Remo. Gracias a estes nenos Numitor puido volver ó trono de Alba Longa xa que mataran ó seu tío avó Amulio quen destronara ó seu propio irmán, o anteriormente mencionado, Numitor. "


Imaxe:

Escultor: Jacopo Della Quercia

Ano: 1414-1418

Medida: 163 cm

Características: Esta estatua está feita de mármol e formaba parte da Fontana Gaia en Siena. Ahora a obra está remplazada por unha copia feita en 1858 por Tito Sarrocchi.

Museo: Actualmente consérvase no Museo da Opera do Duomo de Siena.


No hay comentarios: