14 feb 2011

Anco marcio

Anco Marcio foi o cuarto dos reis de Roma e o último da Dinastía Latina. Neto do segundo rei, Numa Pompilio, foi o último rei de orixe sabina. Presentaba elementos característicos de Rómulo, era guerreiro, e outros de Numa Pompilio, prudente, sabio e relixioso.

O seu reinado durou 24 durante os cales se creou un forte crecemento demográfico da cidade. Este incremento debeuse á expansion territorial e ó control que exerceu sobre outras comunidades. Tomou as cidades de Politorio, Telene e Ficana, cuxos cidadáns foron ubicados no monte Aventino. Ademais conquistou a cidade de Medulua, e ós seus habitantes adxudicóuselles como residencia o val de Murcia (entre o Palatino e o Aventino).
Tamén axudou ó aumento a progresiva importancia que vai adquirindo a cidade na zona do Lazio no terreo económinco. Isto debeuse á progresiva entrada de habitantes. Derrotou ós sabinos e etruscos. 

Anco Marcio destacou na contrución de obra públicas. Algúns exemplos son:
  • A cidade de Ostia, base do comercio cas colonias gregas.
  • A Pons Sublicus, ponte de madeira sobre o río Tiber.
  • Fortificou o monte de Junículo.
  • Comezou a explotación comercial das salinas xunto o porto de Ostia.
  • Construción do Foso dos Quirites que protexía a cidade pola parte chan.
En canto á relixión, atribúenselle o redactado de fórmulas para as cerimonias relixiosas dos pontífices.

Fundou a institución dos Feciales, destinadados a evitar as guerras con outros pobos.


Na foto podemos ver un denario do 56 a.C. Nel aparece o rostro de Anco Marcio. Aínda que con dificultade, podemos ver que leva na fronte loureiro, significado de vitoria na Antiga Roma.




No hay comentarios: