12 feb 2011

Numa Pompilio. Reformas relixiosas. Ninfa Exeria



Nesta imaxe vese a Numa Pompilio falando coa Ninfa Exeria. Pompilio foi o segundo rei de Roma. Foi o sucesor de Rómulo. Viveu entre 715 a. C. e 672 a. C. e casouse con Tacia, a filla do rei sabino Tito Tacio. Numa Pompilio foi elixido como rei logo da desaparición de Rómulo, un ano despois. Vivía na cidade de Cures, sendo un home piadoso e sabio, e era de orixe sabina.

Según se coñece, reinou con moita sabiduría e unha lenda conta que a Ninfa Exeria ensinoulle a Numa a ser un lexislador prudente e coñecedor. Según Tito Livio, Numa coversaba todas as noites coa deusa Exeria, da cal obtivo sabiduría e instrucións sobre a maneira de organizar a relixión romana.

Según algúns historiadores, esta era unha táctica do monarca para amansar ao guerreiro pobo romano, que pasou o reinado do seu predecesor Rómulo en guerra. Ao desviar a atención do pobo cara a relixión, obtivo o seu obxetivo.

Os poboadores seguían considerándose a sí mesmos, uns Romanos, outros Sabinos, antes de considerarse cidadáns de Roma.

Para vencer esta tendencia, Pompilio organizou gremios baseándose na ocupación das persoas, sen importar orixe. Agrupounos en frautistas, orfebres, carpinteiros, tintoreiros, zapateiros, curtidores, broncistas e alfareiros.

Numa pompilio, implantou, ademáis unhas reformas no calendario romano. Este xa se usaba dende tempos de Rómulo. Existían, pois dez meses, os coñecidos actualmente comezando en marzo e rematando en decembro. Pompilio implantou os meses de xaneiro e febreiro, respectivamente. O primeiro en honor ao deus Xuno, quen tiña dúas cabezas. Isto enténdese simbolicamente, unha cabeza miraba cara o ano xa rematado e a outra cara o aninovo. Febreiro adicouno a Februus, máis coñecido coma Plutón, o deus das cerimonias de purificación, as cales se realizaban neste mes para limpar as culpas e pecados do ano anterior e comezar o novo ano con bos augurios.
Imaxe: Wikipedia, Numa Pompilio consulta coa Ninfa Exeria, "Memorias da antiga Roma", FE Gailer, Reutlingen 1834

No hay comentarios: