A historia de Roma no século I a.C. é unha das etapas más apaixoantes da Historia Universal. Esta época convulsa e violenta, trouxo consigo 3 guerras civís, unha guerra social e innumerables revoltas nas rúas da capital, pero tamén foi a época onde viviron algúns dos personaxes máis relevantes e que marcarían o destino da cidade para sempre. Foron os tempos de Mario, de Sila, de César e Pompeio, de Marco Antonio e Cleopatra, e tamén os de Cicerón e Catulo.
O traballo consistirá en buscar un pequeno texto de Eutropio (libros V, VI e VII) que ilustre algún dos episodios máis representativos desta época, e acompañalo da súa tradución e unha pequena introdución histórica. Aquí vos queda un exemplo. Respecta o estilo do mesmo (negriñas, cursivas, etiqueta, libro e parágrafo do texto, etc.)
Liber VI. [20] Caesar vacuam urbem ingressus dictatorem se fecit. Inde Hispanias petiit. Ibi Pompeii exercitus validissimos et fortissimos cum tribus ducibus, L. Afranio, M. Petreio, M. Varrone, superavit. Inde regressus in Graeciam transiit, adversum Pompeium dimicavit.
"César proclamouse dictador despois de entrar nunha Roma baleira. Dende alí marchou cara ás provincias de Hispania. Alí, venceu aos poderosos e ben preparados exércitos de Pompeio que contaban con tres xenerais, Lucio Afranio, Marco Petreio e Marco Varrón. Ao seu regreso cruzou a Grecia e loitou contra Pompeio".
Tras atravesar o Rubicón César encamiñábase a unha guerra civil. Decidiu marchar contra Roma, onde agardaba Pompeio, quen, temendo ás lexións do seu rival, marchou da cidade cara ao sur, onde tiña as súas tropas. Fíxose forte entón en Grecia e en Hispania, ata donde marchou César, que venceu primeiro aos seus lugartenentes Petreio, Afranio e Varrón na batalla de Ilerda (Lleida), e logo ao propio Pompeio en Farsalia, Grecia.
* Imaxe de mmarftrejo en Flickr - Estatua de César ante o mercado de Traxano en Roma, avenida dos foros imperiais.
* Imaxe de mmarftrejo en Flickr - Estatua de César ante o mercado de Traxano en Roma, avenida dos foros imperiais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario