2 nov 2010

Latín Eclesiástico


Latín eclesiástico é a denominación que se lle da á variante do latín que a Igrexa utiliza en todolos seus documentos oficiais, liturxias e misas en latín. Nesta etapa do latín a pronunciación varía un pouco, aínda así non se considera unha lingua ou dialecto novo. A pronunciación do latín eclesiástico é exacta á do italiano moderno. Un exemplo desta variación é o feito de que nas dobles consonantes ámbalas dúas son pronunciadas (ao xeito da ll no latín).

As razóns de que a Igrexa decida dar uso a esta lingua son, ignorando as evidentes cuestións xeográficas, a invariablidade do latín respecto ao resto de linguas modernas que garantiza a invariablidade do contido e da interpretación da doutrina católica ao longo da historia e o feito de que o uso dunha lingua distinta a cotidiana axuda a dotar dun caracter máis sagrado á oración.

Para preservar, estudar e manter o latín existe a "Opus Fundatum Latinitas" ou "Fundación Latinitas" creada polo Papa Paulo VI en 1976. Entre as súas estratexias para promover o latín encontranse diversas publicacións en latín como a revista "Latinitas", o concurso de literatura en latín "Certamen Vaticanum", ou a publicación da "Lexicon Recentis Latinitatis", dicionario que recolle neoloxismos e palabras actuais e as traduce ao latín.

Un exemplo dalgunhas palabras incluídas no "Lexicon Recentis Latinitatis":
Fiscale pretti additamentum, que significa IVA.
Iazensis Musica, que significa Jazz.
Iuvensis voluptarius, que significa "Playboy".


Por último inclúo un enlace a un vídeo do pai noso cantado en latín polo Papa Xoan Pablo II para poder apreiar a pronunciación do latín eclesiástico.



No hay comentarios: