2 nov 2010

Latín Científico



É unha variedade do latín prácticamente igual ao latín medieval en canto a gramática aínda que moi innovadora respecto ao léxico, usada para a comunicación científica logo do renacemento.Esta etapa transcorre ao longo dos séculos XVII e XVIII.
Son varios destacados científicos os que empregaron esta variedade: Newton, Descartes, Leibniz, Spinoza, Linneo coa súa clasificación botánica e zoolóxica, etc.

Na actualidade seguese utilizando o latín no ámbito científico por exemplo: Os códigos internacionais da nomenclatura científica en bioloxía, na Medicina, Filoloxía, Química, Dereito... , na nomenclatura planetaria usado para identificar accidentes xeográficos nos planetase satélites, na nomenclatura anatómica internacional, latinismos ou aforismos latinos e na tabla periódica.
Nesta imaxe aparece o libro do sistema de clasificación das plantas de Linneo publicado en 1758.

Este é un un fragmento da obra de Descartes "O discurso do método":

Pero como home que ten que andar só e na oscuridade, resolvín ir tan despacio e emplear tanta circunspección en todo, que, a cambio de adiantar pouco, gardaríame polo menos moi ben de tropezar e caer. E incluso non quixen empezar a desfacerme por completo de ningunha das opinións que puideron antaño deslizarse na miña creenza, sen haber sido introducidas pola razón, ata despois de pasar moito tiempo adicado o proxecto da obra que iba emprender, buscando o verdadeiro método para chegar o coñecemento de tódalas cousas das que o meu espírito fora capaz.

No hay comentarios: