9 may 2010

OS DEUSES LARES



A relixión romana tiña dúas facetas: por unha banda, estaba o lado público ou estatal, coas súas diversas divindades, e por outra, atopábase a privada, tamén con varios deuses, os dii familiaris, ente eles, os lares.

Para os romanos, a función dos lares, chamados lares loci, era velar polo territorio no que se atopaba a casa familiar. Tanto era así, que antes de que a propiedade privada fose regulada polo dereito, os lares eran os encargados de que as persoas extrañas non se adentraran en terras e casas alleas, mediante a ameaza de enfermidades e desgracias, según a crenza popular.

A veneración romana polos lares, representados en forma de estatuas, era absoluta. Estas pequenas estatuas eran colocadas tanto dentro como fóra da casa en altares coñecidos como lararia, onde se lles facía ofrendas e se lles realizaban oracións. Os lararia sempre estaban colocados en lugares de fácil visibilidade, para asegurarse que estos deuses non fosen esquecidos. Incluso había casas que tiñan máis de un lararium.

Estos deuses tamén tiñan moita trascendencia na familia e educación romana. O paterfamilias era o encargado de transmitirlle aos seus fillos a importancia dos valores tradicionais, e dentro destes, mostráballes a importancia de venerar e adorar a estes deuses familiares. Tal era o valor dos lares, que o día no que unha persoa cumpría os dezasete anos e era adulto, realizábase unha cerimonia na que o recén adulto consagraba a bulla a estas divindades domésticas.

No hay comentarios: