O ábaco é o instrumento máis antigo que se coñece utilizado para o cálculo. Consiste nun cadro de madeira con arames paralelos nos que van engarzadas un certo número de boliñas ("calculi") movibles; cada unha destas varillas indica unha cifra do número que se representa. Etimolóxicamente non está moi claro de onde provén esta palabra, podería ser do latín ("abacus"), do grego ("abax" ou "abakon") ou do semita ("abaq"). A súa orixe é indeterminada, pois usábase dende o principio dos tempos. Foi adaptado e apreciado por diversas culturas.
Imaxe collida da galería Flickr, proporcionada por 'Plan interactivo'.
No hay comentarios:
Publicar un comentario