O Ensino Superior na Antiga Roma tiña como fin principal ensinar aos alumnos a arte da Oratoria. O rhetor buscaba ao mellor orador, e para conseguilo, os seus discípulos debían de levar a cabo un debate sobre un tema histórico proposto polo rhedor e argumentar cal era a súa postura. Este exercicio levaba por nome suasoriae e era a maneira que tiña o mestre de saber cal dos seus alumnos era o que mellor preparado estaba para ser orador.
Ademáis do suasoriae, estaba tamén o contraversiae, outro debate no que os alumnos se posicionaban en contra ou a favor dun tema e despois cambiában as súas posturas para que soubesen defender calquera tema dende calquera postura.
Estes exercicios eran moi útiles xa que os cidadáns romanos que chegaban ao Ensino Superior ían para avogados ou para políticos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario