O vocábulo galego terra ou o castelán tierra, está recollido na RAE ou na RAG, co significado de parte superficial do planeta Terra non ocupada polo mar.
Esta palabra vén do acusativo terram do termo latino terra, ae, pertencente á primeira declinación.
Este vocábulo latino sufreu uns cambios fonéticos ata evolucionar completamente e dar lugar ás palabras que empregamos en galego e en castelán actualmente (terra, tierra). Estas modificacións foron as seguintes:
En galego a vogal aberta tónica en sílaba inicial (e) mantense mentras que en castelán ditonga (ie). Tanto en galego como en castelán se produxo a perda do fonema consoántico nasal bilabial sonoro (m) en final de palabra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario