14 dic 2009

Lucta, lucha, loita

O termo latino lucta pertence á primeira declinación latina (lucta, -ae), e evoluciona ao galego como loita, que está definido na RAG e na RAE como o enfrontamento corpo a corpo, entre dúas ou máis persoas, no que se emprega a forma física ou outros medios de violencia. Na súa evolución ao galego, sufriu os seguintes cambios:
-A vogal tónica pechada (u) ditonga.
-O grupo culto -ct- redúcese soamente á oclusiva dental xorda (t).
Para evolucionar ao castelán, sufriu estoutros cambios:
-O grupo culto -ct- danos a fricativa palatal xorda (ch).
Esta palabra non ten cultismos nin semicultismos.

No hay comentarios: