A palabra latina capillum pertence á terceira declinación neutra (en acusativo), que pasa ó galego como cabelo e ó castelán como cabello. Según a RAE e a RAG é un substantivo que ten o significado de cada un dos pelos que cobren a parte superior e posterior da cabeza dunha persoa. A súa evolución fonética ocorreu así:
A consoante oclusiva bilabial xorda (p) sonorizou na oclusiva bilabial sonora (b), a vogal i átona breve en sílaba interior desaparece tanto en galego como en castelán, a lateral palatal sonora (ll) pasa a lateral alveolar sonora (l) en galego e en castelán mantense, a vogal u átona breve pechada sonoriza na vogal o e finalmente a consoante nasal bilabial sonora (m) desaparece en final de palabra nas dúas linguas.
O termo capilar é un cultismo da palabra capillus.
No hay comentarios:
Publicar un comentario