11 dic 2009

Somnum, sono ou sueño



O vocablo sono provén do latín somnum (acusativo singular de somnus, pertencente á segunda declinación), raíz orixinal que conservamos nos cultismos somnífero, medicamento que causa sono; sonámbulo, persona que mentres dorme executa algunhas accións como levantarse, camiñar, etc.; sonolento, persona propensa a quedar durmida. Ao consultar o diccionario da RAG e da RAE, podemos ver que sono, ou sueño, é o estado do que dorme, caracterizado por unha situación de repouso, polo adormecemento dos sentidos e maila diminución relativa das funcións orgánicas.
En galego a vogal tónica breve en sílaba inicial aberta (-ŏ-) mantense; o grupo consoántico nasal (-mn-) en sílaba interior simplifica en nasal sonora (-n-); vogal átona breve en silaba final pechada (-ŭ-), abre en -o-; consoante no final de palabra (-m), desaparece en posición final (Ø).

En castelán a vogal tónica breve en sílaba inicial aberta (-ŏ-), ditonga en -ue-; o grupo consoántico nasal en sílaba interior (-mn-), simplifica en nasal palatal sonora (-ñ-); vogal átona breve en sílaba final pechada (-ŭ-) abre en -o-, igual que en galego; consoante no final de palabra (-m), desaparece, o mesmo que ocorre tamén no galego.

No hay comentarios: