7 dic 2009

Marītum, marido


Marītum, é unha palabra latina da segunda declinación e en caso acusativo, que evolucionou en marido, tanto para castelán coma para galego. A definición dada pola RAG e a RAE é : home casado, con respecto á súa muller.
A súa evolución fonética dase debido aos seguintes cambios:
O ī, i longo, da primeira sílaba, como é a vogal tónica manténse;a consoante oclusiva dental xorda intervocálica (t) sonoriza (d); o u ao ser unha vogal átona pechada en sílaba final de palabra abre en o e, finalmente o m final pérdese dando, deste xeito, a palabra marido tanto en galego coma en castelán.

No hay comentarios: