6 dic 2009

Laetum, ledo

Laetum é unha palabra latina neutra en caso acusativo que só evolucionou no galego dando lugar á palabra ledo.

Esta evolución é posible debido ás seguintes regras:

O ditongo ae monotonga na vogal e, a consoante oclusiva dental xorda intervocálica (t) sonoriza dando lugar á consoante d, a vogal átona pechada en sílaba final u abre dando lugar ao o e, por último, o -m final desaparece.


Dado a definición do diccionario da Real Academia Galega ledo é un adxectivo que significa sentir ledicia, estar contento, alegre ou feliz.

Esta palabra patrimonial non deu lugar a ningún semicultismo ou cultismo.

No hay comentarios: