6 dic 2009

Asǐnum, asno

Asǐnum é unha palabra latina da segunda declinación (en caso acusativo) que, tanto no vocabulario galego como no castelán, deriva na palabra patrimonial asno. Segundo os diccionarios da Real Academia Española e Real Academia Galega, un asno é un animal solípedo, (é dicir, que posúe un só dedo, cuxa unña engrosada constitúe unha forte funda denominada casco) de aproximadamente metro e medio de altura, de cor cincenta e coas orellas moi longas. Tamén se lle denomina con esta palabra ás persoas rudas e de pouco entendemento.
A evolución fonética de asǐnum é a seguinte:
O i breve (ǐ) da primeira sílaba, ao ser unha vocal átona breve en sílaba interior, pérdese. O u é unha vocal átona breve e pechada en sílaba final, polo tanto abre en o. Por último, o m final pérdese. Estas regras cúmprense en galego e en castelán, dando lugar á palabra asno.
Este termo non deu lugar a ningún cultismo nin semicultismo.


1 comentario:

Álvaro P. Vilariño dijo...

Falas do asno como animal solípedo...
Pero sabes o que quere dicir este termo?