
A palabra
inimigo ven recollida na
RAE e na
RAG como persoa que ten mala vontade e que desexa ou fai mal. Esta palabra ven do latín
inimicus, palabra da segunda declinación co enunciado
inimicus, -i. En castelán deu a palabra
enemigo. A súa evolución fonética foi a seguinte:
- En galego a i tónica longa mantense, a c oclusiva velar xorda intervocálica sonoriza en g e a u átona breve en sílaba final abre en o.
- En castelán a i tónica breve en sílaba inicial abre en e, a i tónica longa mantense, a c oclusiva velar xorda intervocálica sonoriza en g e a u átona breve en sílaba final abre en o.
No hay comentarios:
Publicar un comentario