Fado, ou hado, en castelán,defínese como a forza sobrenatural que determina inevitablemente todo o que acontece, esta definición ven dada pola RAG e a RAE. Provén do latín fatum. É unha palabra maculina, da segunda declinación. Desta palabra provén o termo culto fatalidade, forza que determina os acontecementos, particularmente no sentido da desgracia.
En canto a evolución fonética esta palabra tivo varios cambios,a consoante fricativa labio-dental xorda en galego manténse e en castelán pérdese e deixa a grafía h, a vocal tónica longa manténse tanto en galego como en castelán, a consoante oclusiva dental xorda intervocálica en galego e castelán sonoriza na súa correspondente, a vocal átona breve en sílaba final en galego e castelán ábrese.
No hay comentarios:
Publicar un comentario