30 nov 2009

Acuculam, agulla e aguja

Agulla, ou aguja, en castelán, que da acordo coa deficinición que nos propón a RAG e a RAE, é unha barra pequena de distinto tipo de material empregada para coser ou bordar cun cordel que se fai pasar polo seu burato. Provén do latín acucŭlam, palabra feminina da primeira declinación, que nos deixou termos cultos como acicular, adxetivo que designa a aqueles obxetos con forma de agulla, e a acupuntura, unha técnica inventada pola cultura china que consiste na manipulación de agullas para curar as doenzas do enfermo en determinadas partes do corpo.
A súa primeira oclusiva gutural xorda sonorizou tanto en castelán como no galego. O seu grupo de consoantes en sílaba interior, perde o seu u átono breve e pasa a en galego, a unha líquida lateral sonora, e en castelán, convértese nunha fricativa velar sonara. Por último, perde a súa nasal bilabial sonora en ambas as dúas linguas. Así, como podemos ver, palabras con diferentes fonemas, e con diferentes evolucións, teñen unha orixe en común.

1 comentario:

Álvaro P. Vilariño dijo...

Excelente traballo, Laura!