8 jun 2009

O cómputo do tempo na antiga Roma

A influencia da cultura romana na sociedade actual esténdese tamén a algo tan cotiá como o cómputo do tempo. Quizais non reparamos nunca nelo, afeitos como estamos a un sistema case perfecto, e que non necesita máis retoques ata dentro de 4.000 anos.
Pero non sempre foi así. Os romanos comezaron cun ano de 10 meses e un número indeterminado de días, logo viñeron os anos de 12 meses e 355 días, e por último a gran reforma de Xulio César, ou más ben do seu astrónomo Sosíxenes, que fixou a duración da traslación da terra arredor do sol en 365 días e 6 horas.

Logo viría o matemático alemán Christoph Clavius, baixo o papado de Gregorio XIII, no século XVI, quen fixaría definitivamente o calendario que usamos hoxe en día, xa que en realidade a terra tarda 365 días, 5 horas, 48 minutos e 45 segundos en rodear ao sol.
Pero ademais están os nomes do días e dos meses, os curiosos reloxios da antigüidade (de sol, de auga...), o nome das estacións, o cómputo das horas.
De todo iso nos van falar os alumnos de 4º de ESO de Latín, na que será a súa última intervención antes de partir para Cartago, nunha ben gañada excursión de fin de curso.
Esperemos que nos den boa conta da herdanza romana en África na súa visita á terra de Aníbal, do que falaremos no vindeiro curso. Quizais se poidan escoitar aínda os lamentos da raíña Dido trala marcha de Eneas ...

* Imaxe de xavimarzal en Flickr na galería de Chiron

No hay comentarios: