8 jun 2009

Xaneiro



Este mes ven do latín ianuarius que procede de Xano, deus das portas e do principio e o final, divindade representada con duas caras.
En galego denomínase "xaneiro", en castelán "enero", en catalán "gener", en francés "janvier", en portugués "janeiro", en italiano "gennaio" e por último, en inglés "january"

Aínda que na actualidade é o primeiro mes do ano, non sempre foi así, xa que o calendario primitivo romano tiña 304 días e 10 meses, que comezaban en marzo (Martius). E non foi ata a reforma do 713 a.C. cando o rei Numa Pompilio incorporou os meses de febreiro e xaneiro ao final do ano, para completar o calendario lunar de 355 días.

No 46 a.C. Xulio César decidiu acabar cos desfases existentes, e asesorado polo astrónomo exipcio Sosíxenes, determinou que xaneiro pasara a ser o primeiro mes do ano, e febreiro o segundo. Este calendario Xuliano, formado por 365 días, é o empregado na actualidade.

No hay comentarios: