30 abr. 2009

Composición culta e derivación de orixe grega


Unha gran porcentaxe do léxico da nosa lingua ten orixe grega. A estas palabras denominámolas compostos eruditos. Na súa formación interveñen lexemas, ben sexa como primeiro ou segundo elemento, e prefixos gregos. Normalmente adoitan ser palabras de nomenclatura científica, técnica, literaria e filosófica. Algúns estudiosos non a consideran composición e inclúena na derivación por afixación.
Esta vez van ser os alumnos de latín de 4º de ESO os que inicien unha serie de entradas con exemplos destes termos atopados na prensa actual.
Moitas veces ignoramos o significado real destas palabras, o seu sentido "verdadeiro", que é o que significa a palabra etimoloxía en grego.
Sabemos en realidade o que significa o termo "mastodonte"? que os termos gregos que a forman significan respectivamente "mama" e "dente"? Por que?
Vexamos o que di o diccionario da Real Academia Española:

mastodonte
. (De masto- y el gr. ὀδούς, ὀδόντος, diente).

1. m. Geol. Mamífero fósil, parecido al elefante, con dos dientes incisivos en cada mandíbula, que llegan a tener más de un metro de longitud, y molares en los que sobresalen puntas redondeadas a manera de mamas. Se encuentran sus restos en los terrenos terciarios.

2. m. Persona o cosa muy voluminosa.


Encontramos abundantes exemplos na prensa escrita, sobre todo coa segunda acepción:
(...) El descubrimiento de los restos fósiles de unos colmillos de cinco metros, los más largos hallados en el mundo, de un mastodonte que existió hace tres millones de años en Grecia, ha llevado a los científicos a impulsar la creación de un museo para su estudio. (...) La Voz de Galicia. 26/1/08.(...)
(...) Sesenta activistas de la ONG Greenpeace han comenzado unos minutos después de las 07.00 de la mañana a cubrir el hotel El Algarrobico (Carboneras, Almería) con una tela de unos 18.000 metros cuadrados como señal de protesta por la "pasividad" del Gobierno en la expropiación de los terrenos de playa sobre los que se ha levantado el
mastodonte de 20 plantas.(...) Diario el País. 12/2/09

No hay comentarios: