9 oct. 2008

Uso das maiúsculas

O alfabeto romano ou latino é o máis empregado hoxe en día en todo o mundo. O que usaban os romanos só contaba con letras maiúsculas, o emprego das minúsculas non comezou ata a Idade Media. As maiúsculas mantivéronse para documentos formais e dar énfase documentos escritos.
Nas linguas que actualmente utilizan este alfabeto as maiúsculas empréganse para comezar un parágrafo, nas frases e nos nomes propios. Estas regras cambian segundo a lingua, por exemplo en inglés escríbense en maiúscula nomes dos meses, días da semana, nacionalidades e linguas, e en alemán todos os substantivos.

Por Alba Constenla e Rebeca Castro.

No hay comentarios: