Co paso do tempo, cada vez son máis os países que van adoptando a caligrafía latina e os tipos romanos de letras. Isto supón a perda das sinais de identidade de eses países. Tanto os alfabetos como os tipos de letras peculiares de cada nación forman parte da súa historia e cultura. Estes alfabetos foron asentándose ao longo de moitos séculos e de moitos acontecementos históricos que os modificaron até o seu estado actual. A adopción do alfabeto latino por outros países non sería unha mala idea se as nacións que o acollesen o cren necesario para a educación, o progreso ou polas súas necesidades económicas, industriais…como fixeron Alemaña ou China, onde o seus alfabetos están formados por trinta mil caracteres, o que fai difícil a súa aprendizaxe, xa que o latín actual só conta con vintetrés. A adopción dun máis sinxelo faría máis accesible a educación. O cal non quere dicir que se abandone o anterior, senón que quede reservado aos intelectuais ou que se estudie aparte, como pasa con outras linguas mortas de occidente como o grego clásico.
Por: Raquel Gómez Prado e Melisa Fuentes Martínez
No hay comentarios:
Publicar un comentario