Unha proba de que na época clásica aínda non estaba establecida a realización semivocálica do fonema /u/, e de que daquela pronunciábase sempre como vocal, é a seguinte anécdota referida por Cicerón.
Cando o seu amigo Craso ía embarcar para a expedición contra os partos na que había morrer (53 a.C.), un vendedor ambulante de figos secos da cidade de Cauno pregoaba a súa mercadoría berrando polo porto “Cauneas! Cauneas!”.
E di Cicerón que se Craso lle fixese caso a aquel vendedor, non se embarcaría nin iría morrer á Mesopotamia, porque Cave ne eas! “Coidadiño! Non vaias”, pronunciábase igual que "cauneas". (De divinatione 2, 84).
E dado que, evidentemente, non conservamos ningún testemuño sonoro da pronunciación real da época clásica, son este tipo de anécdotas as que nos poden ilustrar neste sentido.
E dado que, evidentemente, non conservamos ningún testemuño sonoro da pronunciación real da época clásica, son este tipo de anécdotas as que nos poden ilustrar neste sentido.
No hay comentarios:
Publicar un comentario