6 oct. 2008

O alfabeto latino


Comezaremos o curso 2008/2009 cunha serie de entradas sobre o alfabeto latino: a súa orixe, signos que o compoñen, pronunciación, clasificación dos sons vocálicos e consoantes, ditongos e acentuación.

Intervirán nela os alumnos de Latín de 4º de ESO e de 1º de Bacharelato, firmando cada entrada por parellas (este ano sumamos en total 40 alumnos!)

Trátase de ampliar, profundizar ou reflexionar sobre as explicacións dadas na clase. Deberedes engadir novas ideas ao xa exposto, ilustrar con algunha anécdota, explicar algún apartado que vos chamase a atención. Contades con abundante bibliografía na Aula Virtual.

No hay comentarios: