Pierre de la Ramée, máis coñecido como Petrus Ramus, foi un filósofo e matemático francés, coñecido, principalmente, polos seus traballos sobre lóxica. Naceu en Francia no ano 1515 , e xa cando estaba estudando se sentiu contrariado co escolasticismo, unha filosofía da Idade Media na que dominan as ensinanzas das doutrinas de Aristóteles. O seu polémico tratado Animadversiones in Dialecticam Aristotelis publicado en 1543, foi prohibido por un edicto real, pero apoiado por amigos influíntes.
Os cambios que propuxo na lingua latina foron:
- A grafía "i" para o son i vocálico e "j" para o semivocálico, como por exemplo nas palabras "ira" e "jam"
- A grafía "u" para o son u vocálico pleno e "v" para o semivocálico, como "unus" e "civis".
Na actualidade a grafía "j" tende a non empregarse, deixando o "i" tanto para vocal como para semivocal. Sen embargo mantese a distinción gráfica de "u" vocal e "v" semivocal. Outros editores escriben sempre u para vocal e semivocal, como na palabra "iuuenis".
Petrus Ramus volveu a París en 1571 e foi asasinado durante a masacre da Noite de San Bartolomé.
Por Alba Vázquez Touceda e Marta Rodríguez Castro

No hay comentarios:
Publicar un comentario