10 oct 2008

A letra Ñ



Aínda que a letra "ñ" non esté incluída no alfabeto latino (pertence ó alfabeto español) está relacionada con el. O seu fonema xa existía na Península Ibérica, pero non tiña a representación gráfica que ten hoxe en día. En principio, este fonema representábase como “nn”, pero os traballadores das imprentas e os monxes trataban sempre de facilitarse a escritura, o que facían “aforrando” caracteres. Así naceu o “Ñ”, posto que o “nn” pasou a escribirse como unha “n” con outra “n” máis pequena enriba, chamada virgulilla.

Este caracter comezouse a utilizar na Península Ibérica posto que aquí o uso do “nn” padalizouse, é dicir, que en vez de pronuncialo como unha “n”, a lingua pégase ó padal para producir un novo son.

A partir de entón, este grafema comezou a estenderse a outras linguas, que actualmente o utilizan, como por exemplo o galego, o euskera, o quechua, o tagalo, o filipino, etc.



Gabriel Maneiro García e María Riveiro Novás

No hay comentarios: