9 oct 2008

A Pronunciación Latina

-A pronunciación do latin dependeu moito segundo a súa época, xa que non era a mesma pronunciación a dos tempos antigos ca dos tempos clásicos ou cá do latín vulgar e o latín culto. Aínda hoxe en día non se sabe a pronunciación exacta do latín (só se sabe que é moi semellante ó galego) .

Despois da caída de Constantinopla no ano 1543, os vizantinos que chegaban ata a Italia planteábanse unha cuestión:¿Cal era a maneira máis adecuada de pronunciar cada lingua?¿Como poderíamos distinguir a pronunciación unhas das outras?A partir desta pregunta empezáronse a redactar libros como "Dialogus" de recta latini Graecique sermonis pronuntiatione (Basilea,1528),do Erasmo de Rotterdam ou de recta latini sermonis pronuntiatione(París,1538) do filósogo Charles Estienne(1504-1564).

A través de cambios que sufriu o alfabeto latino (que consta de 23 letras) e a súa fonética;as consoantes adquiriron a seguinte pronunciación:
-As oclusivas poden ser: Bilabiais que son o "P" e o "B"; dentais que son: o "T" e o "D"; velares que son: o "C(K,Q)" e o "G". O "P",o "T" e o "C" son xordas e o "B",o "D" eo "G" son sonoras.
-As fricativas poden ser: labio-dentais que é o "F"; alveolares que é o "S". Estas son xordas
-As líquidas poden ser:laterais alveolares que é o "L" e o "R" que é vibrante alveolar. Estas dúas son sonoras.-As nasais poden ser: bilabiais como o "M" e alveolares como o "N". Estas dúas son sonoras.

Feito por: Laura Carrillo y Mª Jesús Simoes

No hay comentarios: