14 dic 2007

LARARIUM

Os romanos tiñan nas súas casas unhas capelas especiais onde se facían pregarias (diariamente) e ofrendas aos deuses Lares, que segundo as crenzas da época eran os espíritos dos antepasados mortos que miraban e coidaban a casa. Isto facíase porque os romanos crían que os defuntos seguían sendo membros moi importantes do fogar.

Na actualidade este lararium deu lugar ás nosas lareiras, que, aínda que agora se estea perdendo esta tradición, sempre formaron parte dos fogares galegos. Este era o lugar onde se reunía a familia e que agora as poucas que quedan son para afumar os chourizos e pouco máis.

Para dar un apuntamento persoal, cabe dicir que mentres que na casa onde vivía o meu avó se comía ao redor da lareira en familia, na miña casa a lareira está porque "ten que estar", pero xa non nos suxire o carácter familiar de antes.

2 comentarios:

Álvaro P. Vilariño dijo...

Moi boa entrada, Lucía. Alégrame saber que identificaches rapidamente as nosas lareiras co antigo altar romano adicado aos deuses protectores do fogar.
Quen sabe se non estarían tamén protexendo as cociñas dos nosos avós!! ¿cres que nas nosas vitrocerámicas hai espazo aínda para eles...¿

Anónimo dijo...

alvaro sempre deixando prejuntas retóricas x aí...ains...wue eu veño deixar a miña huella xk me justou m8 o dos chourisos jejeje sije así mosa, poñendo sempre x diante a nosa gastronomía e, sobre todo, poñéndoa en relación co mundo romano que pa eso somos máis conservadores que os españoles! oLe Galiza!xD