Era un xesto que antigamente, no mundo romano, facían co puño da man cerrado e co dedo polgar entre os dedos índice e corazón e simbolizaba protección contra os posibles males que os deuses podían botar a unha familia. Durante as festas das Lemurias (mes de maio) o paterfamilias daba unha volta arredor da casa descalzo, cuspindo nove fabas negras e realizando dito xesto como intercambio polo benestar do fogar.
Hoxe en día, este xesto utilizaríase como protección contra o mal de ollo, de orixe supersticiosa tamén, que evita a envexa dos demais hacia a persoa que o faga ou que porte algún obxecto coa súa forma.
Pódese dicir que esta crenza aínda perdura nas zonas rurais, e entre a xente maior principalmente, xa que se lles acontece algo malo, a culpa sempre lla botan á envexa do veciño...

No hay comentarios:
Publicar un comentario