Pinzas, galletas, espaguetti, pilas, sirope, moedas, mistos, tazos, chapas, cunchas de pulseiras, bolígrafos, froitas, caixas de dvd, todo vale para formar as letras do alfabeto grego. Nesta serie de vídeos explicaremos a escritura en maiúsculas e minúsculas e os nomes das letras en grego, acompañando unha palabra a modo de exemplo.
Correspóndeme a min abrir o turno coa alfa / ἄλφα, á que seguirán os vídeos das demais letras, realizados pol@s alumn@s de Grego1 do MGB con esta magnífica app. Está feita con pinzas de cores.
No hay comentarios:
Publicar un comentario