Viam Stratam, o blog dos alumnos clásicos do MGB da Estrada, comeza a súa andaina este curso 2012/2013
Os alumnos de 4º de ESO, os recén chegados, continuarán a
serie de palabras latinas que empezaron os seus compañeiros en anos anteriores.
No seu primeiro contacto co latín, elixirán unha palabra en lingua
latina, a que máis lles guste, escribirán o seu enunciado e ilustrarán a
mesma con fermosas letras tomadas de Flickr.
Logo, engadirán a súa pronunciación grazas aos servizos de Forvo.
Comezo a serie eu mesmo coa palabra tellus, uris: "terra" "globo terrestre"-Escoita a súa pronunciación:
No hay comentarios:
Publicar un comentario