Liber VI [21] (...) Ipse fugatus Alexandriam petiit, ut a rege Aegypti, cui tutor a senatu datus fuerat propter iuvenilem eius aetatem, acciperet auxilia. Qui fortunam magis quam amicitiam secutus occidit Pompeium, caput eius et anulum Caesari misit. Quo conspecto Caesar etiam lacrimas fudisse dicitur, tanti viri intuens caput et generi quondam sui.
"El mesmo posto en fuga dirixiuse a Alexandría para recibir axuda do rei de Exipto, de quen fora nomeado titor polo senado a causa da súa xuventude. Quen, perseguindo a fortuna máis que a amizade matou a Pompeio, enviou a cabeza e o anel a César. Ao velo dise que César derramou bágoas ao contemplar a cabeza de tan gran varón do que tamén fora o seu xenro noutro tempo."
Neste fragmento Eutropio fálanos do fin da Guerra Civil César e Pompeio. Éste último é perseguido por César pero non logra alcanzalo. Para isto atravesa o mar Adriático e chega a Hispania onde derrota as lexións de Pompeio na batalla de Ilerda. César volve a Italia na procura de Pompeio e finalmente en Farsalia no ano 48 a.C. enfróntanse onde César sae vitorioso.
Pompeio diríxese a Exipto en busca dun lugar seguro e así recibir axuda do rei exipcio, pero é asasinado por Lucio Septimio, antigo tribuno seu. César chega a Alexandría seguindo os pasos de Pompeio co fin de recuperar o trono.
A "sorpresa" doulla Teodoto a César ao presentarlle a cabeza e o anel de Pompeio, pero César lamentou a morte de Pompeio, porque aínda que agora fose inimigo, noutro tempo fora o seu aliado e o home da súa filla.
A "sorpresa" doulla Teodoto a César ao presentarlle a cabeza e o anel de Pompeio, pero César lamentou a morte de Pompeio, porque aínda que agora fose inimigo, noutro tempo fora o seu aliado e o home da súa filla.
No hay comentarios:
Publicar un comentario