21 ene 2011

A batalla de Farsalia

Liber VI. [20] [...] Primo proelio victus est et fugatus, evasit tamen, quia nocte interveniente Pompeius sequi noluit, dixitque Caesar nec Pompeium scire vincere et illo tantum die se potuisse superari. Deinde in Thessalia apud Palaeopharsalum productis utrimque ingentibus copiis dimicaverunt. [...]

"(César) Na primeira batalla foi vencido e posto en fuga, sen embargo escapou, xa que ao chegar a noite Pompeio non quixo perseguilo e César dixo que Pompei non sabía vencer e que soamente naquel día houbese podido ser vencido. Despois loitaron en Tesalia, cerca de Farsalia, presentando abundantes tropas por unha e outra parte."

Este párrafo explica a batalla de Farsalia que foi librada en Grecia no ano 48 a.C e que enfrentou aos exércitos romanos de Xulio César e Cneo Pompeio, na Segunda Guerra Civil Romana que enfrentou a populares (os cales querían unha reforma agraria e militar) e aos optimates (os latifundistas e escravistas que só querían concentrar o poder no Senado e nas altas maxistraturas).

Despois do éxito de Dirraquium, Pompeio ofrece batalla a César, quen aceptou o desafío. A pesar da superioridade numérica do primeiro e da presión do Senado por aplastar a César, éste contaba con numerosas ventaxas como a veteranía da suas lexións, o seu liderazgo e o reducido espacio do campo de batalla. O uso das reservas tácticas e o ataque combinado de cabalería, infantería lixeira e pesada de César, levou á fuxida de Pompeio cara Exipto.


A imaxe mostra a colocación do exército de Pompeio (vermello) e César (azul).

Fonte: Wikipedia

No hay comentarios: