3 nov 2010

Latín Clásico


É a forma da lingua latina que se falaba no Imperio Romano durante os siglos I a. C e I d. C.Este período tamén é coñecido como a Idade de Ouro das letras latinas.Pero non toda a poboación o utilizaba; só o empregaban os romanos para todo o formal,tamén o falaban os ilustres e a xente con poder, pero máis ben, era un estilo

literario.O latín falado no pobo do Imperio Romano nesa época chamábase latín vulgar.O latín vulgar diferenciouse do latín clásico no seu vocabulario e gramática e co paso do tempo tamén se viu afectada a pronunciación.

O latín clásico sempre foi unha lingua literaria algo artificial polo que,por exemplo, o latín levado polos soldados romanos á Galia ou á Dacia non era o latín clásico de Cicerón.O latín clásico só se mantiña na literatura e na administración como linguaxe escrita culta, para facilitar a comunicación ente as provincias.Esta tamén era unha época de profunda crisis económica, política e cultural na que a élite cultural crea, a partir de variedades do latín coloquial, un latín estándar para a administración e para as escolas e un latín literario.

Os autores máis destacados son Cicerón, Xulio César, Tito Livio, Virxilio, Horacio, Catulo, Ovidio.


Texto Catilinarias de Cicerón:


Catilina abiit


Tandem aliquando, Quirites, L.Catilinam,

furentem audacia, scelus anhelantem, pesten patriae nefarie molientem, vobis atque huic urbi ferro flammaque minitantem.

Ex urbe vel eiecimus, vel emisimus vel ipsum egredientem verbis prosecuti sumus.

Abiit, excessit, evasit, erupit.

Nulla iam pernicies a monstro illo atque prodigio moenibus ipsis intra moenia comparabitur.


Catilina fuxiu


Finalmente, cidadáns a L. Catilina

que estaba tolo pola audacia que ansiaba o crime, que maquinaba de maneira criminal a ruína da patria, que vos ameazaba a vosoutros, a esta cidade a sangue e a lume.

Botámolo da cidade, ou expulsado ou perseguido coas nosas palabras mentres marchaba.

Foise, marchou, fugouse, escapou.

Xa ningunha desgracia será preparada dentro das murallas contra as propias murallas por aquel monstruo.


No hay comentarios: