Aínda que o latín culto pode considerarse unha lingua bastante estable dende a súa aparición no século III a.C. ata a caída do Imperio no s.V d.C., o paso do tempo provocou un proceso evolutivo común a calquera lingua.
A aparición das linguas romances no s. IX e a súa posterior utilización como linguas literarias supuxo un abandono progresivo da lingua de Roma.
Pero así e todo o latín, como lingua escrita, seguiu sendo durante moitos séculos lingua de prestixio, de obras literarias e científicas. Ata o punto de que hoxe podemos afirmar, nos inicios do século XXI, que se trata dunha lingua viva.
Para seguir os pasos da súa evolución, os alumnos de latín de 1º de Bacharelato trazarán un panorama completo dende o latín arcaico ata o latín contemporáneo, definindo as características de cada período e poñendo exemplos con textos latinos pertencentes de cada un deles.
Completarán deste xeito o traballo realizado o curso pasado polos seus compañeiros.
E como ilustración do dito anteriormente, esta táboa que describe o panorama do latín contemporáneo, o latín do século XXI.
No hay comentarios:
Publicar un comentario