9 may. 2010

Mos maiorum

Mos maiorum literalmente significa " o costume dos antepasados". Tódolos nenos romanos libres tiñan que respetar as regras que os devanceiros deixaban como herencia e ademáis de respetalas debían transmitírllelas aos seus descendentes. Un neno romano coñecía perfectamente os costumes dos seus antecesores porque os seus proxenitores encargábanse de transmitirlle ao neno os preceptos dos seus devanceiros de maneira que se o neno os seguía sería un cives respetado e orgulloso de sí mesmo.
Imaxe de flickr subida por conte.

No hay comentarios: