Caput aut navis é un xogo de azar inventado pola Antiga civilización romana para o entretemento dos cativos. Consiste en decantarse, cada un dos dous xogadores, por un lado da moeda, ben sexa caput (cabeza) ou navis (cruz). A continuación, lánzase a moeda cara arriba e cóllese coa man. O gañador será aquel que a súa elección coincida co lado da moeda visible. Así pois, cada un dos xogadores ten o 50% de probabilidades de gañar ou perder. Normalmente, este xogo tradicional tamén é empregado como elección do equipo a xogar nun partido de fútbol e recibe un nome distinto dependo do país no que se desenvolva, por exemplo, mentres que en Chile, Colombia, Venezuela ou Ecuador é chamado cara o sello, en México recibe o nome de águila o sol/ águila o sello, xa que un das caras da moeda ten sempre unha aguia.
Foto de albagre
Foto de albagre
No hay comentarios:
Publicar un comentario