Por fin apareceron os deuses e deusas gregos e romanos nesta recta final do curso. Na clase de 4º de ESO de latín imos estudiar a gran influenza que tivo a mitoloxía clásica na historia da arte. E para iso cada un de nós vai elixir unha obra de arte (unha pintura, unha escultura, unha peza de cerámica...) que represente unha escena mitolóxica. Co que aprendemos previamente será doado interpretar o que sucede na mesma e poder así explicarllo aos compañeiros na clase e publicalo logo no blog.
Empezarei eu coa historia do rapto de Europa, representada no cuadro anterior.
Ficha técnica:
- Autor: Veronés
- Data: 1580
- Ubicación actual: Palacio Ducal de Venecia.
- Material: óleo sobre lenzo
- Estilo: Renacemento italiano
Xúpiter, para lograr conseguir os favores da fermosa Europa, filla do rei de Sidón, adoptou a forma dun fermoso touro e mesturouse co rabaño do rei. A rapaza, que xogaba coas súas amigas preto do mar, non tivo medo en acariñar e subirse logo a ao lombo do animal, xa que este se mostraba manso e agarimoso coas xoves. Mais logo foise achegando pouco a pouco ao mar e ao final marchou con Europa ata Creta, onde puido por fin conseguir o que desexaba, nacendo desta unión numerosos fillos.
No cuadro está narrada esta historia por medio dun recurso medieval, onde nos mostra, en tres planos sucesivos, os diversos episodios da historia: na primeira imaxe vemos a Europa axudada polas amigas a subirse ao touro e ao animal bicándolle suavemente un pé. Logo vemos como, animada pola mansedume do mesmo, vai montada enriba del. E ao final vémolos xa no medio do mar, entre a desesperación das outras mulleres.
No hay comentarios:
Publicar un comentario