13 oct 2009

Latín contemporáneo



Comenzamos o traballo no blog neste novo curso 2009/2010, e serán os alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato de latín os que suban o telón cunha serie de entradas sobre o que denominamos "Latín Contemporáneo", a última das etapas da evolución do latín. Aquí vos queda a explicación deste termo e un exemplo de uso actual.

A maioría dos manuais escolares aplican a etiqueta de "Neolatín" a etapa da lingua latina que vai dende o Renacemento (ou ben dende o século XVII) ata os nosos días.
Outros, en cambio, consideran esta etapa rematada nos comezos do século XX, e reservan outra etiqueta, "Latín contemporáneo", para a forma da lingua latina empregada dende o 1900 ata hoxe.
Distinguiríanse nel 3 tipos:
Deste último podemos encontrar innumerables exemplos na rede: dende o mesmo Google en Latín, a rede social Facebook, a Vicipaedia (Wikipedia en latín), as novas en latín de Nuntii Latini, a web deste extraño personaxe que é Scorpio Martianus (a morte de Michael Jackson narrada en latín, un trailer de Startrek con subtítulos latinos), unha cerimonia de graduatio latina en Cambrigde, un diccionario de termos informáticos, curtas en latín, etc. (moitos máis exemplos no marcador social de Chiron)

Pero, que ocorre con Franz Zappa e as arañas?
Ben, podería ser un exemplo do emprego actual do latín na clasificación biolóxica e tamén da veneración que senten algúns científicos belgas polo xenio de Baltimore, que chegou ata o estremo de bautizar en 1994 co nome de Pachygnatha zappa a unha nova especie de araña, atopada nas selvas do Congo, polo parecido que ten unha mancha gris no seu abdomen co mostacho de Franz.


No hay comentarios: