16 oct 2009

Facebook en latín


Din que o latín é unha lingua morta, pero non sempre é asi. De feito podémolo comprobar na rede social Facebook que está disponible en 70 idiomas máis.
Só hai que configuralo na sección de idiomas e seleccionar a lingua latina e así podemos ter o facebook en latín.
Para ir a inicio púlsase en "Domus", os links son "ligamen" e as mensaxes "epistulae".
Na páxina principal podemos ver a frase Facebook te iuvat coniungere cum hominibus vitae tuae et res tuas eis proponere (Facebook axúdache a comunicarte e compartir cas persoas que coñeces).
No formulario onde cubrimos os nosos datos persoais aparece Praenomen (nome), Cognomen (apelidos), Tua Inscriptio Electronica (dirección de correo electrónico), Sum (sexo), Dies Natalis (data de nacemento) e finalmente a tecla Adscribe (rexistrarse).


No hay comentarios: