16 jun 2009

Outubro


Como todos sabemos, outubro é o décimo mes no noso calendario actual. Non obstante, isto non sempre foi así. Este mes ven do latín, october, e significa "oitavo". Este feito débese a que no calendario primitivo, o xuliano, era o oitavo mes. Despois, no calendario gregoriano,o máis próximo, engadíronse dous meses, xaneiro e febreiro, e pasou a ser o décimo.
Podemos apreciar o nome deste mes nalgunha das distintas linguas romances: en galego chámase, Outubro, en Castelán Octubre, en francés Octobre, en catalán Octubre, e en italiano Ottobre. Noutras dúas linguas que non son romances, como o inglés e o euskara, este mes denomínase October e Urria, respectivamente.
Outubro ten 31 días na actualidade. Un evento a destacar en outubro é o "Solemne Culto ao Señor dos Milagres", en Lima, Perú. Dous refráns acerca deste mes son: "En outubro non molesta a lumbre", e, "Outubro, corto en ramos, largo en caldos".

No hay comentarios: