16 jun 2009

Iulius


No calendario xuliano elaborado polo astrónomo exipcio Sosíxenes, este mes recibiu primeiramente o nome de Quintilis, pois era o quinto mes do ano; xa que o ano comezaba en Martius. Por iniciativa de Marco Antonio no 44 a.C. cambiou o nome a Iulius en honor a Xulio César. Este mes tiña ó igual que hoxe en día 31 días.
Podemos atopar semellanzas co nome de meses de linguas romances: Xullo en galego, julio en castelán, juliol en catalán e julho en portugués tamén amosa certas concomitancias ca palabra inglesia july.

No hay comentarios: