14 jun 2009

Marzo


Marzo é o terceiro mes do ano no calendario gregoriano e ten 31 días. O seu nome deriva do latín Martius, que era o primeiro mes do calendario romano. Martius, á súa vez, deriva de Mars, o nome en latín de Marte, deus romano da guerra. Neste mes comezaban as actividades agrícolas e militares, presididas ambas orixinariamente por este deus.

A partir do ano 153 a.C, os meses de xaneiro e febreiro pasaron a ser os primeiros do ano.

En outras linguas, este mes recibe distintos nomes: Marzo é o utilizado para o galego, o español e o italiano, en catalán denomínase Març, en inglés March, en euskara Martxo, en francés Mars e en portugués Março.

No hay comentarios: